sábado, 17 de diciembre de 2011

Despois de bastante tempo xunteime de novo coa xente de Paso Miúdo para ir facer unha ruta que nos buscara Anxel, coma sempre fermosa, coma case sempre a carón dun río. Nesta ocasión o Sor.

Saída de Ferreira ás 8 según o previsto e media hora despois primeiro inconvinte:¿Onde tomar un café tan cedo un domingo?Gracias en parte aos coñecementos do chofer dimos con un bar no Campo da Feira de Mañón. Despexados un pouco diriximonos a Ponte Segade para iniciar a ruta.

Empezamos pola marxe esquerda e xa nos primeiros amieiros Javier fixo unhas varas que a min me foron de gran axuda pois acabamos nun pedregal cheos de silvas onde era complicado avanzar sen axuda. Inducidos polo lider tomamos a sabia decisión de dar a volta e cruzar o río por unha ponte feita de novo, seguir por unha pista forestal ata recuperar unha vella sinalización que nos levaron de novo a carón do río cruzámolo de nova, agora por unha ponte de madeira, e desde aquí seguros xa dos nosos pasos, dedicámonos a desfrutar da paisaxe ata a fervenza de Augas Caídas. Unha ascensión case vertical lévanos ata o mirador onde nos agardaba o Autobús.Rematamos así unha ruta que podía ser espectacular sé a sinalización fora adecuada e en algúns tramos estivera un pouco mais coidada.

A comida foi cousa de Juan e Elena na pulperia " o panadeiro" de Viveiro ¿excelente!con eso esta todo dito.Xa o decia Dora ; a ruta ben merecía unha boa crónica pero eu non dou máis nin puiden facelo antes. Desculpas e ata a próxima polo Val do Ouro.

Rivas







No hay comentarios:

Publicar un comentario